CulturaCulturaÚltima hora

Preséntase o libro “Barcas e barcos dos ríos galaicos. O patrimonio fluvial naval”, de Lois Ladra, en Santiago

 

Mañá mércores, 11 de decembro, ás 19 horas terá lugar no Auditorio do Museo do Pobo Galego, en Santiago, a presentación do libro Barcas e barcos dos ríos galaicos. O patrimonio fluvial naval, do antropólogo e arqueólogo Lois Ladra.

A publicación, financiada pola Deputación provincial da Coruña, fai o número 7 da colección Manuais do Museo. Convídanos a navegar polas augas dos nosos ríos para descubrir as embarcacións fluviais documentadas en Galicia, as súas características e os seus usos. Así mesmo, fai unha achega ás embarcacións doutros ríos peninsulares da bacía atlántica.

Na presentación do libro participarán, xunto co autor, Manuel Vilar, exdirector do Museo e autor do limiar da obra; Fernando Alonso Romero, patrón do Museo e autor do prólogo; e Concha Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego.

Artigos relacionados

Back to top button