CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Preséntase o proxecto INTERRITMOS para músicos e proxectos musicais de raíz, en Sober

Trátase dunha iniciativa do GDR Ribeira Sacra-Courel. O acto terá lugar ás 12h. en Solpor Camperpark (Espazo A Palleira)

 

O vindeiro venres, 18 de outubro o GDR Ribeira Sacra-Courel organizará a presentación do programa de acompañamento e capacitación INTERRITMOS, dirixido a músicos e proxectos musicais que beben da tradición da música de raíz.

O evento terá lugar entre as 12h. e as 14h. en Solpor Camperpark (Espazo A Palleira) en Sober, entre as 12:00 e as 14:00 horas, e forma parte dunha serie de presentacións que se están a realizar en diferentes territorios que forman parte deste proxecto.

Un espazo de aprendizaxe e intercambio cultural

O programa INTERRITMOS busca ofrecer aos músicos/as participantes unha oportunidade para capacitarse, conectarse coa industria e profesionalizarse no ámbito da música de raíz. O evento contará coa presenza de recoñecidos artistas que compartirán a súa experiencia e coñecementos, enriquecendo a xornada e creando un espazo de intercambio cultural.
Participantes destacados:
• AFM El Farru – Bailador flamenco, coreógrafo e compositor.
• Jaime Pablo Díaz – Bailarín, coreógrafo e Director de Nova Danza Galega.
• Os Parentes – Grupo local de música tradicional.

A moderación do evento, con aforo limitado (inscricións previas) estará a cargo de Patricia Hermida, xestora cultural e referente no ámbito do emprendemento artístico.

Para inscribirse poderase visitar o seguinte enlace: https://www.paidea.es/interritmos/

Celebración da cultura e a gastronomía

Ao finalizar a xornada, os asistentes poderán desfrutar dunha degustación de produtos locais, destacando a conexión entre a música e a cultura gastronómica galega.

Este evento forma parte do programa INTERRITMOS, promovido por diversas organizacións como Fundación Paideia, Fundación Paco de Lucía, Fundación EOI e outros Grupos de Desenvolvemento Rural que traballan activamente no desenvolvemento cultural e rural.

Artigos relacionados

Back to top button