DeportesÚltima hora

Presenza trivesa no provincial infantil de atletismo en Pereiro de Aguiar

 

As pistas de atletismo de Monterrei (Pereiro de Aguiar) acollían neste sábado o campionato provincial infantil, que contaba con participación dos atletas das Escolas Deportivas de Trives, que novamente vestían a camiseta do Club Adas Cupa.

Malia á boa actuación trivesa, desta volta non houbo podios, pero si se melloraron as marcas, que foron as seguintes:

– Aroa Posada Domínguez. Longitud.3.43. /80m. 12.59./150m.24.19.

– Aitor Garcia Peña. Peso(3kg) 7.09./ xavelina. 18.15./ 80m. 13.94.

– Marcos Basalo González. 80m. 12.20./ 500m. 1:38.24./ lonxitude. 3.49.

“Desta vez non pudo ser, pero os tres atletas subiron con creces as súas marcas, así que non se pode pedir máis (sendo sub-14 de primeiro ano)”, dicía o adestrador das escolas trivesas, Tino Sierra. Ademais destacaba “o seu esforzo e espírito de sacrificio. A estes atletas téñolle un cariño especial, levamos xuntos 7 anos, carreiras, adestramentos e viaxes…. sobre todo, grandes momentos de alegría. Grazas Aroa, Aitor e Marcos, sodes un exemplo para os rapaces e rapazas das escolas de Trives”.

Fotos cedidas polas Escolas Deportivas de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button