ConcellosParada de SilÚltima hora

Primeira reunión do consello asesor da Casa Museo do Chocolate de Parada de Sil

 

O Concello de Parada de Sil pretende darlle un forte pulo á Casa Museo do chocolate en Teimende, dado que é “un elemento importanisimo na promoción do territorio e na conservación da memoria”, algo que é un obxectivo permanente para o seu alcalde Aquilino Domínguez.

Neste venres 2 de febreiro aprobouse o plan museolóxico que se presentará ao goberno municipal para a súa aprobación e presentación no rexistro de museos no prazo dun mes. Este plan que leva con todo detalle un relatorio dende a orixe, o contido, ata a elaboración dunha unidade didáctica sobre o mesmo.

Na xuntanza tamén se abordou a solución ás necesidades máis perentorias, como é a ampliación da planta baixa, para facer unha sala de degustación e actividades relacionadas co chocolate. Así mesmo, acordouse elaborar un novo folleto máis actualizado e con máis información nun código QR e estudar a viabilidade de dixitalizar toda información para que non se perda.

 

O alcalde de Parada de Sil maifestou que vén de pasarse a visita de control para manter a Q de calidade en destino e considera que, dada a información da inspectora, manterase, o “que é un motivo de ledicica”. Finalmente, Aquilino Domínguez agradecía a presenza das dúas irmás Casares e de Delfín Caseiro, que forman parte do consello asesor.

 

Artigos relacionados

Back to top button