EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Primeira xornada da feira ProWein, en Alemaña, coa presenza das DD.OO. Valdeorras, Ribeira Sacra, Ribeiro e Monterrei

 

Neste domingo poñíase en marcha a feira internacional ProWein, que se desenvolverá ata o vindeiro 18 de marzo na cidade alemá de Düsseldorf. Ata alí desprazábase a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, quen enxalzou o bo facer dos produtores vitivinícolas galegos e a calidade dos seus viños.

A titular do departamento visitou o espazo propio da Xunta neste evento sectorial, no que tamén se encontran representadas 20 adegas e os concellos reguladores das Denominacións de Orixe Valdeorras, Ribeira Sacra, Ribeiro e Monterrei. Neste sentido, María José Gómez salientou que a participación das bodegas neste tipo de eventos contribúe a seguir mellorando a súa competitividade e afondar na súa presenza en mercados internacionais europeos, aos que as DO galegas exportan uns 3,5 millóns de litros anuais.

Coa presenza de Galicia na feira do viño máis importante do mundo, sinalou a conselleira, amósase que o sector vitivinícola é unha prioridade para o Goberno galego. Por iso, puxo en valor iniciativas como a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, así como as liñas de axuda creadas especificamente para o sector.

 

 

Promoción dos produtos vitivinícolas galegos

A participación de Galicia en ProWein conta tamén cun túnel do viño, augardentes e licores coas referencias premiadas cos Acios nas Catas de Galicia 2024, onde poderán degustarse estas bebidas harmonizadas con outros produtos galegos de calidade diferenciada. O espazo estará a cargo do sumiller Alejandro Paadín, que se encargará das explicacións técnicas aos profesionais do sector asistentes.

Así, a conselleira do Medio Rural resaltou que esta presenza na feira serve para poñer en contacto directo aos produtores locais galegos con consumidores potenciais. Ao mesmo tempo, a promoción dos viños elaborados na nosa comunidade poñer en valor a Galicia pola calidade das súas producións.

En definitiva, engadiu María José Gómez, co impulso ao viño galego e ao sector contribúese a xerar riqueza, crear actividade agroeconómica e, especialmente, a fixar poboación nas zonas rurais.

Artigos relacionados

Back to top button