No mediodía deste sábado 14 de xuño, seis cativos (tres nenos e tres nenas) recibían por primeira vez o Corpo de Cristo en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

No marco da celebración do San Antón, o párroco de Sobradelo, Juan José Prieto, oficiaba a misa de Primeiras Comuñons. Unha solemne eucaristía na que os protagonistas eran os pequenos que recibían o sacramento. Unha das nenas recibía tres: o Bautismo, a Comuñón e a Confirmación.

Despois encabezaban a procesión sacramental coa imaxe de San Antón ata a zona vella da vila que, trala parada na praza, regresaba ata a igrexa parroquial.

Fotos: Carlos G. Hervella.