Oulego, no concello de Rubiá, é outra das localidades que, na mañá deste mércores 16 de xullo, honraban á Virxe do Carme, con procesión e misa cantada coa imaxe polas rúas da aldea, seguida da sesión vermú con Sierra de Luna! Pola tarde, a partir das 20 horas haberá baile con Luces de Bohemia.
A celebración continuará xa na fin de semana cunha cea popular o sábado 19 de xullo a partir das 9 horas amenizada por Dj Suso. Tamén haberá inchábeis gratuítos para os pequenos.



Fotos: Nunci