
O C.R.D.O. Ribeiro vén de participar un ano máis na feira internacional de viños Prowein. Celebrouse do 16 ao 18 de marzo no recinto Messe de Düsseldorf (Alemaña). Nesta 31ª edición do evento, participaron preto de 42.000 visitantes profesionais do sector vitivinícola chegados de 128 países distintos.
A D.O. Ribeiro presentouse a través dunha zona de cata libre con 37 referencias de viños, brancos, espumoso e tintos, e coa participación con caseta presencial de catro adegas da Denominación no espazo “Galicia”, creado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria – AGACAL (Xunta de Galicia), situado no pavillón número de 11, dedicado integramente aos viños de España.
A Denominación de Orixe máis antiga de Galicia amosouse aos profesionais do sector vinícola a través de stands de catro adegas (Casal de Armán, Pazo do Mar, Ramón do Casar y Viña Costeira) así como un espazo de cata libre con 37 referencias: 34 viños brancos tranquilos, un espumoso e dous tintos: A Vilerma, A Telleira Parcelas, Adeus, Alter, Antonio Montero Autor, Anxo Martín, Armán Finca Misenhora, Big Bang Caíño Longo, Casal de Armán, Casal do Canteiro, Casar de Vide, Costeira Treixadura, Cunqueiro III Milenium, Cunqueiro Treixadura, Cuñas Davia, Cuñas Davia A Xiada, Eduardo Bravo, El Patito Feo Treixadura, Finca Viñoa, Finca Viñoa Embotellado Tardío, Gran Alanís, Gran Alanís Castes Blancas, Gran Leiriña, Lúa de Costeira Espumoso, Maleiga Intre, Pazo do Mar, Pazo Tizón, Ramón do Casar Treixadura, Renacido, Sanclodio, Saramusa, Teira X, Terras do Castelo, Torre do Olivar Expresión, Val de Nairoa, Village e Village tinto.