ConcellosO BarcoÚltima hora

Prohibidas dende o 10 de abril as queimas de restos agrícolas e forestais de particulares

 

Dende a Xunta vén de anunciarse que a partir deste xoves, 10 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia ata novo aviso. Esta medida supón que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir do xoves. “Quedan fóra desta prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos”.

Segundo sinala a Conselleriá do Medio Rural, esta “decisión adoptouse despois de avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control”.

Back to top button