EconomíaEconomíaÚltima hora

Proposta para pequenos cociñeiros polo Día do Pai na Tenda da Rita, no Barco

Cedida.

 

“Pasta ó gusto para papá”. É o título dunha actividade infantil que se celebrará o vindeiro 15 de marzo ás 12:00h da mañá na Tenda da Rita, no Barco, en colaboración coa Pastelería A Casiña. “Faremos un súper evento dirixido para os pequenos cociñeiros e cociñeiras da casa. Prepararemos un prato de pasta para levar de diferentes maneiras! Todas exquisitas!”, adiantan os organizadores.

Aqueles interesados en participar poden inscribirse por Whatsapp ó 634 12 29 58, no mail hola@atendadarita.com ou achegándose ao propio establecemento. As prazas son moi limitadas, din na organización. Os nenos menores de 5 anos deberán estar acompañados dun adulto.

 

Back to top button