SanidadeÚltima hora

Prorrógase o uso de certificado Covid en hospitais e residencias ata o 9 de abril

O vindeiro luns, 28 de marzo, entrarán en vigor as directrices consensuadas na estratexia nacional por todas as Comunidades Autónomas referidas á vixilancia e control do SARS-CoV-2 na etapa de transición

 

Ata o vindeiro 9 de abril a Xunta de Galicia prorrogará a obriga de presentar o certificado Covid de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa para visitar aos pacientes ingresados en centros hospitalarios e sociosanitarios. “A medida manterase o tempo imprescindible para mellorar a situación epidemiolóxica, que se revisa de xeito diario”, indica a Administración galega. Así mesmo, seguirán vixentes os límites de comensais nas mesas no ámbito de hostalería (10 no interior e 20 no exterior).

A Xunta de Galicia lembra que o vindeiro luns entran en vigor as directrices consensuadas na estratexia nacional por todas as Comunidades Autónomas referidas á vixilancia e control do Sars-CoV-2 na etapa de transición.

Desde a vindeira semana, a vixilancia da covid centrarase en persoas e ámbitos vulnerables. Deste xeito, para a poboación xeral elimínanse os illamentos e probas confirmatorias, aínda que se seguen a recomendar medidas de precaución durante 10 días. Os casos positivos deben, ademais, informar aos seus contactos estreitos para que tamén tomen precaucións.

Sanidade levará a cabo unha vixilancia específica ás persoas e ámbitos vulnerables de especial vixilancia.

Artigos relacionados

Back to top button