OurenseÚltima hora

O proxecto do arquitecto Iago Nóvoa será a nova imaxe de “Móvete por Ourense”

Os membros da comisión técnica elixiron este deseño por responder aos criterios de orixinalidade, creatividade, estética e versatilidade
O deseño de Iago Nóvoa presentouse baixo o nome “18862”. 

O arquitecto e deseñador gráfico e arquitecto Iago Nóvoa, vén de gañar o concurso para a imaxe “Móvete por Ourense” co seu proxecto titulado “18862”, dotado cun premio de 1.500 euros.

Dun total de 18 propostas presentadas, os integrantes da comisión técnica do proceso de participación cidadá para a mellora da calidade ambiental, mobilidade, pacificación do tráfico e integración da bici no centro de Ourense ( do que forman parte todas as forzas políticas do Concello, técnicos de Medio Ambiente e do gabinete de arquitectura Urba+) elixiron o proxecto deste rapaz do estudo ourensán Nove Oito Oito Sociedade Cooperativa Galega.

Segundo os integrantes desta comisión técnica, esta proposta “é a que mellor representa os criterios das bases do concurso”, a saber: Orixinalidade, creatividade, estética e versatilidade para potenciar os valores do proceso. Esta nova imaxe daralle nome ao proceso, até o de agora coñecido por Móvete Por Ourense, e será empregado para desenvolver todas as campañas de mellora da calidade ambiental, mobilidade, planificación do tráfico e integración da bici no centro urbano da capital.

Na reunión da Comisión técnica informouse tamén do desenvolvemento dos diferentes grupos motores do proceso: accesibilidade, bicicleta e traballo cos escolares son os tres grandes bloques de traballo deste proceso participativo.

Artigos relacionados

Back to top button