O 53 Rallye de Ourense-Ourense Termal quenta motores, xa que mañá, 24 de xullo comezará co tramo de test (Shakedown) e o sábado terán lugar todos os tramos. Sen embargo, como acaba de comunicar a Escudería Ourense, non se celebrarán as cerimonias de saída e fin de carreira que terían lugar no Xardín do Posío por precaución.
Dende a organización seguen a facer fincapé no uso de mascarilla por parte de todos os asistentes e equipos. As medidas de seguridade estanse a seguir de forma estrita en Expourense, lugar onde se sitúa o Parque de Asistencia, e onde xa se atopan moitos dos equipos participantes, con toma de temperatura antes de entrar.
Fotos: Carlos G Hervella.