
No marco da súa viaxe á provincia, o Comité de irmanamento Quimper-Ourense, presidido por Jean René, achegábase na mañá do 11 de novembro ata Parada de Sil. Esta visita ten lugar despois do intercambio xuvenil realizado este verán baixo os auspicios da Unión Europea e que levaba por título “Construíndo a túa identidade”.
No Concello tiña lugar unha recepción na que o alcalde de Parada de Sil, Francisco Magide, lles facía entrega do libro “Castaña Patrimonio Gastronómico”, que soprendeu aos visitantes e no que xa empezaron a ver posibles receitas para aplicar nas escolas de hostelaría. Asemade plantexáronse liñas de traballo conxunto para a realización de posibles prácticas de alumnos de turismo neste municipio.
Despois da recepción, os asistentes trasladábanse ao Mosteiro de Sta. Cristina, aos Balcóns de Madrid, á Fábrica da Luz e á Pasarela do Mao. Ademais sorprendéronse gratamente ao comprobar que o concello tiña editado un folleto en francés sobre o mosteiro. Ao termo desta visita, o alcalde de Parada de Sil apuntaba que confía en que se poida poida promocionar este concello en Quimper (Francia).