DeportesÚltima hora

Quinto posto para o Adas feminino na Copa Galicia de Clubs en pista cuberta

Aldara Basteiro, unha das atletas do equipo feminino do Adas na Copa Galega de Clubs./ Foto: Adas.

 

Entre os equipos clasificados para a XVII Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta, celebrada na tarde de onte en Expourense, estaba o Club Adas feminino. O conxunto barquense completaba a súa participación na cita autonómica (cun total de 13 probas), logrando un quinto posto na clasificación feminina, ao sumar un total de 63,5 puntos. O Ourense Atletismo feminino quedaba cuarto con 71,5 puntos.

 

Foto: Adas.

 

A nivel individual, no Adas feminino destacaba o terceiro posto de María Cedrón nos 1.500 m (con mínima para o campionato de España absoluto e Sub23 no 1500), así como o segundo posto de Marta Gómez en lonxitude e o terceiro de Tania Valverde no triplo salto. Dentro do equipo do Adas tamén estaba, entre outra atletas, a vianesa Aldara Basteiro, que quedaba quinta en altura.

Atletismo Feminino Celta en mulleres e Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes proclamáronse campións galegos de Copa de pista cuberta en Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button