
Representantes da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Monforte, AFAMON, facían entrega no Concello de Quiroga da acreditación de “Localidade Solidaria co Alzheimer”. Este acto tiña lugar despois de que a Corporación quiroguesa aprobase en pleno o 17 de setembro de 2014, por unanimidade, a proposta feita por AFAMON de declaración como concello Solidario co Alzheimer.
Ser solidario co Alzheimer significa, segundo explican dende esta entidade, “contribuír a expandir a mensaxe da necesidade dunha política de Estado sobre o Alzheimer, informar aos seus cidadáns sobre a enfermidade e as súas consecuencias, promover as accións relacionadas coas súas asociacións máis próximas, facilitar a difusión desta mensaxe”, entre outras cuestións.