
O vindeiro luns, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a muller. Con este motivo, dende o Centro de Información á Muller de Quiroga, organizáronse diferentes actos que se levan a cabo xa desde o pasado martes.
O martes e o mércores desenvolvíase un obradoiro de sensibilización contra as violencias machistas no Instituto de Educación Secundaria de Quiroga. Hoxe xoves e mañá venres o obradoiro, así como a elaboración de pancartas faise no Centro de Educación Infantil e Primaria.
Para o luns 25 de novembro, convócase unha concentración diante da casa consistorial a unha do mediodía. No transcurso da concentración, na que participará o alumnado dos dous centros educativos, lerase un manifesto en contra da violencia machista.