CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Quiroga e Ribas de Sil porán en marcha unha escola de música conxunta

 

Os Concellos de Quiroga e Ribas de Sil van poñer en marcha en colaboración coa Escola de Música Moderna de Monforte unha escola de música. “Catro serán as especialidades musicais coas que nun principio se vai comezar: guitarra –clásica, acústica e eléctrica-, piano e teclado, voz e batería e percusión. As clases repartiríanse en dúas especialidades en cada municipio, previsiblemente os xoves”, tal e como vén de facer público o Concello de Quiroga.

A escola comezaría a funcionar a partir do mes de xaneiro cun programa adaptado e especializado para cada alumno. As clases poden acudir dende os 6 anos de idade e contarase con cursos adaptados para os maiores de 60.

O director da escola, Gonzalo Herrero, e os profesores presentaranse nunha actuación con varios alumnos o sábado 14 de outubro na casa de cultura de Quiroga, a partir das sete da tarde, para dar a coñecer o traballo que se fai dende esta escola.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button