EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Quiroga exalta o seu produto máis doce na XXXIV Mostra do Mel

Oito apicultores presentaban o mel elaborado en puntos tan distantes do municipio como Montefurado, Outeiro ou Paradapiñol neste 10 de agosto

 

Quiroga exaltaba este domingo 10 de agosto a calidade e diversidade do seu mel. Multitude de persoas percorrían a partir das 11h. o recinto da XXXIV Mostra do Mel de Quiroga, situado na rúa Real da vila. Aínda que as vendas foron altas, o máis importante da mostra- en palabras dos apicultores- é apertura de mercado para o seu produto que se da así a coñecer captando clientes.

Oito apicultores presentaban o mel elaborado en puntos tan distantes do municipio como Montefurado, Outeiro ou Paradapiñol, deixando claro porque este produto comparte en Quiroga un lugar destacado, xunto co viño e o aceite. O mel goza dun gran prestixio pola súa gran calidade e variedade. As colmeas situadas nas zonas máis altas do municipio producen mel co predominio do castiñeiro, mentres que os situados nas zonas do val dan mel de breixo, planta moi abondosa e da que Quiroga recibe o seu nome (queiruga); nas zonas intermedias as abellas recollen o pole de castiñeiros e queirugas que xuntan con moitas outras flores dando un mel multifloral, grazas a gran variedade na flora deste territorio onde conflúen vexetación atlántica e mediterránea. Tres variedades con matices diferentes en canto a cor, textura e sabor pero coa mesma calidade.

Pero ademais destas variedades tamén se atopou nesta mostra mel ecolóxico – o que se produce el colmeas aloxadas de cultivos e contaminación- e mel cru, este último é un mel sen filtrar que contén pequenas porcentaxes de pole e própoles. Ademais do mel ,os apicultores trouxeron a esta mostra produtos elaborados con esta materia prima como licores, xabóns ou candeas.

O ambientes da mostra estaba ademais animado pola música. O grupo de gaitas local O Recanto encargarase de facer unha alborada e á unha do mediodía, o grupo NoAllKansas, animaba a sesión vermú cos éxitos máis emblemáticos das décadas dos 70, 80 e 90 cun toque moderno.

Fotos: RTM Quiroga.

Back to top button