EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Quiroga exalta o seu produto máis doce nunha animada Mostra do Mel

No seu recinto feiral, situado na rúa Real da vila, podían visitarse as casetas de cinco apicultores da zona

 

Numerosas persoas percorrían ao longo da mañá deste 10 de agosto a XXXI Mostra do Mel de Quiroga, promovida polo Concello de Quiroga e que abría ao público a partir das 11h. Deste xeito promocionábase e exaltábas, unha vez máis, a gran calidade do mel que se produce no municipio.

Esta mostra, que coincide coa feira de mercado, unha das máis multitudinarias de todo o ano, reunía o mel de cinco apicultores: Manuel Macía González (As Estradas), María Carmen Macía (Quiroga), Rubén Figueroa (Sequeiros), Caurelor (Quiroga) e Ángel Gómez (Paradapiñol).

 

 

O recinto feiral, no que podía degustarse e tamén mercar estas diferentes meles e outros produtos apícolas como xelea real, pole ou própole, instalábase na rúa Real, nas inmediacións da casa consistorial. A partir das doce da mañá a charanga “Louband” encargábase de animar o ambiente e mesmo de facer bailar ao público.

 

 

A organización desta mostra ten por obxectivo a promoción dun dos produtos típicos desta comarca, o mel, que goza dun gran prestixio pola súa gran calidade e variedade. Pero, ademais, tamén se podían degustar e mercar outros produtos característicos desta zona como licores, marmeladas ou aceites, así como artesanía en madeira.

Con esta mostra vén a completarse o programa das Festas de Verán de Quiroga.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button