En portadaÚltima hora

Quiroga exaltará o seu aceite de calidade o 14 de maio en Bendilló

A XXIII Mostra do Aceite reunirá o produto de cinco olivicultores

Un dos postos da pasada edición da mostra./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Conta atrás para a XXIII Mostra do Aceite de Quiroga, que se celebrará o vindeiro domingo 14 de maio nas Farrapas, en Bendilló. O seu recinto feiral contará con cinco olivicultores (Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez, Aceiroga e Pedro Soto Losada) que poñerán á venda o Aceite de Oliva Virxe Extra de Quiroga, que xunto coa recreación da elaboración tradicional no muíño serán os puntos centrais desta cita, declarada de interese turístico galego.

O programa da mostra comezará ás once e media da mañá coa posta en marcha do muíño e a apertura dos postos de venda de aceite e produtos típicos. Para facilitar que as numerosas persoas que cada ano se achegan ata esta zona poidan ver o proceso de elaboración tradicional do aceite, dado o número reducido de aforo do propio muíño, na capela das Farrapas proxectábase un vídeo no que se pode ver como é este proceso.

Nesta xornada non faltará a música e o baile tradicional que virán da man dos grupos locais, o Recanto, San Martiño e Arume da Queiruga a partir das 12h.

No recinto da mostra haberá así mesmo exposición e venda de produtos típicos da zona, así como pulpo e churrasco.

Artigos relacionados

Back to top button