A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Tradicional e solemne bendición de Ramos no adro da igrexa de Fontei, na Rúa

 

Tal e como vén sendo tradición nesta parroquia ruesa, Fontei abría a Semana Santa cunha solemne bendición de ramos no adro da igrexa, neste domingo 13 de abril.

 

 

Numerosa xente, cos ramos de loureiro e oliveira en alto, atendía a lectura do párroco Daniel Pérez, da entrada de Xesús en Xerusalén.  “A súa entrada triunfante como rei é o que celebramos hoxe, de aí que este acto se realice fóra da igrexa, simbolizando ese acto entrando ao noso templo coas palmas en alto, para así, acompañar a Xesús ao longo da Paixón”, dicía o sacerdote antes de proceder á bendición introducindo un ramo en auga bendita.

Unha vez dentro da igrexa chea iniciábase a misa deste Domingo de Ramos.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button