ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga recuperará os cantos de taberna o 19 de marzo

Imaxe dunha edición anterior dos Cantos de Taberna de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Quiroga, a través da Área de Xuventude, organizará unha nova actuación dos “Cantos de Taberna”, co obxectivo “da recuperación das nosas tradicións musicais. Os cantos nas tabernas foron unha maneira de divertimento, de ocio e un xeito de producir e manter a tradición musical da comarca”.

Esta nova edición que se recupera despois de dous anos desenvolverase o sábado 19 de marzo. Nestes V Cantos de Taberna cada agrupación musical participante realizará unha actuación de 20 a 25 minutos en cada establecemento, e rematarán todos xuntos cunha gran foliada.

Nestes cantos de taberna poderán participar gratuitamente todas as agrupacións que o desexen cun mínimo de 5 participantes e un máximo de 12. Para inscribirse teñen que anotarse na Casa da Cultura antes do día 15 de marzo, ben persoalmente ou a través do telf: 982 43 51 25.

 

Artigos relacionados

Back to top button