EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Quiroga traballa na organización da súa feira do viño, prevista para o 16 e 17 de abril

Botellas de viños participantes en edición anteriores da Feira do Viño de Quiroga./ Cedida.

 

Quiroga comeza a preparar a súa Feira do Viño “coa ilusión de que este ano se poida levar a cabo coas honras que un produto tan importante para o noso municipio se merece”, din dende o Concello.

Esta mesma mañá reuníase na casa consistorial a comisión organizadora nunha primeira toma de contacto antes de que cada subcomisión se encargue do seu cometido. “A data xa está marcada, se todo vai ben, celebrarase como sempre en Semana Santa, o 16 e 17 de abril”, adianta o Concello.

Por diante quedan máis xuntanzas para fixar prazos e requisitos de inscricións, para falar con colleiteiros, para pechar nomes de posibles pregoeiros e para organizar as innumerables actividades que van aparelladas a unha festa tan importante para Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button