CarballedaConcellosÚltima hora

Reavívase o lume nos montes de Casaio, Carballeda de Valdeorras

 

O terror dos incendios non parece ter fin. Tras unha semana ardendo onte quedaba estabilizado o de Seadur-Larouco con máis de 30.000 ha arrasadas pero segue moi activo o de Carballada de Valdeorras que afecta xa a unhas 4.000 ha.

De feito na noite do sábado 23 de agosto un fronte de máis de 7 quilómetros baixaba polo Val das Morteiras e o Val da Bruña, coñecido como a “Cidade da Selva” onde están os chozos dos maquis.

Arestora, tal como indican os veciños, hai moito fume e hai helicópteros traballando pero o lume segue baixando dirección canteiras. “O incendio está activo, lonxe aínda pero a dirección é o pobo, penso que anda cerca de Soutadoiro”, explican dende Casaio.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button