SanidadeÚltima hora

“Reclamamos que se complete a plantilla de especialistas do Hospital de Valdeorras”

No mediodía deste 5 de maio tiña lugar unha nova concentración no exterior deste centro sanitario, convocada pola súa Xunta de Persoal

 

“Reclamamos que se complete a plantilla do Hospital Público de Valdeorras (HPV), que se fagan efectivos os contratos MIR e que este hospital volva ter unha calidade suficiente para atender ao Distrito Sanitario de Valdeorras”. Eran as demandas nas que indicía o presidente da Xunta de Persoal deste centro sanitario, na concentración en defensa “dunha sanidade digna”, que un xoves máis se celebraba no seu exterior.

Pariente comezaba comentando que “non temos novidades en canto a contratación, a finais de maio remata a formación dos MIR e o que si sabemos é que a día de hoxe aínda non se lles chamou para saber se se queren quedar na área sanitaria de Ourense ou no Distrito de Valdeorras, cando o día 26 teñen que estar contratados os médicos que rematan a súa formación. Entón o que vemos é que non se está facendo nada en absoluto”.

Así mesmo o presidente da Xunta de Persoal do HPV pedía á administración que “se complete a plantilla do hospital, que non son só 10 prazas de especialistas as que faltan, son 22 as que reclamamos e teñen que facer un esforzo para que as contratacións que se fagan en maio veñan para este centro. Que por unha vez lle dean a importancia que ten a comarca de Valdeorras. A solución é fidelizar aos especialistas co HPV, a realidade é que os especialistas queren vir, pero non se lle ofertaban contratos en condicións”.

Finalmente convocaba á veciñanza a unha nova concentración o vindeiro xoves ás 12h.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button