O Concello de San Xoán de Río e o Ajuntament D’Alginet, en Valencia, lanzan unha campaña -coa colaboración do colectivo Sostibles Ourense- para axudar coas necesidades máis urxentes dos veciños.
Solicitan colaboración cidadá para recoller a maior cantidade posible de roupa, mantas e calzado, para facerllo chegar o luns ao Levante, nun envío que será coordinado coa Garda Civil. Para axilizar o seu transporte, aconséllase que as achegas se fagan en caixas ou bolsas, sendo de moi útil que no exterior do paquete se indique se se trata de materiais para nenos/as, adultos/as ou se está mesturado.
Dende o Ajuntament D’Alginet indican que desta vez só se envíen materiais deses tres tipos xa mencionados:
✅ Roupa
✅ Mantas
✅ Calzado
2 PUNTOS DE RECOLLIDA:
Polideportivo de San Xoán de Río
📍 https://maps.app.goo.gl/cf4UWjFMeNyXZTFF9
🕓 Sábado 2, de 16:00 a 20:00
Nave de XPO Logistics no polígono de San Cibrao
📍 Sector C. Rúa D, número 16
📍 En Google Maps: https://maps.app.goo.gl/TxUq6M4DUXJqXFoW8
🕓 Sábado 2 e Domingo 3, de 16:00 a 20:00h.