
Neste 28 de agosto chegaban ao seu fin os Campamentos de Verán 2026,organizados dende a Área de Igualdade do Concello dentro do programa “Concilia Quiroga”, cofinanciado a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e do Concello de Quiroga.
Cunha matrícula de 110 nenos e nenas durante os meses de xullo e agosto, foron moitas as actividades nas que participaron, con actividades nas aulas realizando obradoiros de todo tipo ata excursións fóra do municipio, para visitar a Granxa Puluán, en Reigada (Monforte de Lemos), onde a rapazada se converteu en expertos gandeiros por un día. Ata estes campamentos tamén se achegou Paco Nogueiras, co seu espectáculo infantil “Son Animal”, a Fundación Legar que lle achegaba os sons da natureza. Tampouco faltou a visita dos membros da Benemérita cos seus vehículos oficiais. Aínda que unha das actividades máis máis especiais dos campamentos deste ano , foi a realización dun mural que leva por título “A semente somos nós” en homenaxe aos que loitaron contra os incendios forestais do pasado verán.
Estas e outras moitas actividades desenvolvéronse ao longo destes dous meses, nas que os nenos e nenas inscritos desfrutaron o máximo deste caloroso verán. Todo elo baixo a supervisión de voluntari@s e unha coordinadora que se ocuparon do coidado dos rapaces durante as horas de campamento.

E esta mañá foron agasallados cunha gran festa de despedida que por mor das condicións meteorolóxicas se tivo que realizar nas instalacións do pavillón municipal. Como non podía ser doutro xeito, na celebración houbo todo tipo de diversión, pinta caras, e xogos tradicionais, ect,.
O que non faltou foi un boísimo almorzo a base de bocatas e larpeiradas para todos. Despois, grandes e pequenos saltaron e bailaron coa música da compañía ANIMAR.T. Ata alí achegáronse os responsables municipais, o Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, a Concelleira da área de Educación e Infancia, Maite Pérez Grao, e os concelleiros, Vicente Parra, Luis Manuel Arias e Antonio Marcos.
Todos eles, xunto a cordinadora dos campamentos, quixeron darlle as grazas a monitores e voluntarios polo traballo ben feito, así como a todos os nenos e as súas familias, agardando contar con eles nos campamentos do ano que vén.
Fotos: Concello de Quiroga.
