
Dende o Concello de Manzaneda informan de que a través do 112 Galicia e coa colaboración de Cruz Vermella “contra as 13:45-14 horas chegarán dous palés con auga potable embotellada que se repartirá aos habitantes e establecementos do núcleo de afección do depósito de Manzaneda”.
Tamén indican que a aquelas persoas ás que non se lle poda repartir auga “veremos en que outros horarios poden vir por ela ou se procedemos ao seu reparto dende Protección Civil de Manzaneda”.