ConcellosTrivesÚltima hora

Rescatada unha persoa na Estación de Montaña de Manzaneda, tras desorientarse cando estaba esquiando

Imaxe de arquivo da Estación de Montaña de Manzaneda.

 

Unha persona tiña que ser rescatada neste sábado despois de desorientarse cando estaba esquiando na Estación de Montaña de Manzaneda, tal e como vén de informar o 112 Galicia. “O varón, que non precisou de asistencia sanitaria, atopábase nunha pista de esquí cando, tanto pola néboa como pola acumulación de neve, decatouse de que non sabía onde se atopaba”, asegura o 112 Galicia, que foi coñecedor desta información a través do propio implicado. Decontado informouse á Garda Civil de Ourense, GES de Castro Caldelas e Protección Civil da Pobra de Trives.

“Cómpre destacar a intervención dos membros do Greim, o Grupo de Rescate Especial de Intervención en Montaña de Trives, os cales foron os que atoparon ao varón”, continúa o 112 Galicia, quen tamén explica que “debido á dificultade que entrañaba a zona na que se atopaba, o traxecto ata as instalacións da estación de esquí demorouse máis do que se podía pensar nun primeiro intre, aínda que sen maiores incidencias”.

Artigos relacionados

Back to top button