ConcellosÚltima hora

Rescatados dous sendeiristas en Trevinca, nas proximidades da ermida do San Xil Vello

Ermida do San Xil./ Foto: O SIL.

 

Pouco antes das seis desta tarde de 1 de novembro o 112 Galicia recibía unha chamada dunha parella de sendeiristas que se atopaba en Trevinca, na ermida do San Xil Vello (Carballeda de Valdeorras). Estaban desorientados e non sabían como regresar a Casaio, tendo en conta que empezaba a escurecer.

De inmediato, o 112 Galicia alertaba aos equipos de emerxencia e ata o lugar desprazábanse efectivos do parque de bombeiros comarcal, do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, Protección Civil do Barco e da Garda Civil, que recollían aos sendeiristas, que tamén levaban un can, e os trasladaban ata Casaio.

Artigos relacionados

Back to top button