OurenseÚltima hora

Respaldo á IXP Castaña de Galicia por parte da Deputación de Ourense

Reunión Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense) con Jesús Quintá (Presidente da Indicación Xeográfica Protexida da Castaña de Galicia) acompañados polo alcalde da Gudiña José María Lago.

 

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) “Castaña de Galicia” contará co apoio da Deputación de Ourense no ano 2020 e seguintes. Así llo anunciaba este venres 8 de novembro o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, ao presidente desta entidade representativa do sector da castaña en Galicia, Jesús Quintá, na reunión que mantiveron no Pazo Provincial, na que tamén participou o membro do consello regulador da IXP José María Lago, alcalde da Gudiña.

Asemade, neste ámbito de colaboración, a Deputación de Ourense apoia a procura dun novo espazo para este consello regulador, que actualmente ten a súa sede no edificio do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). “Máxima colaboración nun sector estratéxico, económico, e de medio rural da provincia de Ourense, como é o da castaña, un produto cun gran valor e de recoñecida calidade”, afirma Baltar, quen destaca que este tipo de axudas aos consellos reguladores “é unha das medidas integrada no plan de mandato “Ourense 7273”, prevista para o ano 2021, pero que segundo as conversas mantidas na reunión de hoxe, será unha realidade un ano antes, no exercicio de 2020”.

Artigos relacionados

Back to top button