OurenseÚltima hora

A restauración da Porta Norte da Catedral xa está rematada

O alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, Mari Carmen Martínez Insua, visitaron o lugar para ver o resultado das obras
As actuacións comprenderon a limpeza da pedra e a restauración do rosetón. // Foto: Carlos Asensio.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, Mari Carmen Martínez Insua, visitaron hoxe, 25 de agosto, a Catedral de Ourense, para comprobar o resultado dos traballos de restauración da Porta Norte, realizados pola Consellería de Cultura, Eduación e Ordenación Universitaria, que acaban de rematar.

O rexedor municipal salientou o “vistoso resultado” da restauración realizada nesta porta do edificio catedralicio que incluiu intervencións sobre os parámetros pétreos, o rosetón e a propia porta de acceso ao cruceiro.

Pola súa banda, a directora xeral de Patrimonio Cultural, coincidíu con Vázquez en que esta intervención quedou “moi ben” e salientou que por parte do seu departamento vaise seguir actuando para pór en valor esta “xoia do patrimonio galego”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button