Hoxe encontrámonos de novo nas rúas, en 36 localidades de toda a Galiza, porque non esquecemos nin ollamos para outra parte. Pese ao ocultamento e á normalización, hoxe saímos ásrúas, nesta Xornada Nacional de Mobilización, varios milleiros de persoas nunha verdadeira resposta de país. Porque o noso pobo irmán palestino continúa a ser agredido”. Así comezaba o comunicado lido nunha nova concentración de apoio ao pobo palestino na praza do Concello do Barco na tarde do 31 de marzo.
Era unha das máis de 30 concentracións que se desenvolvían nesa mesma tarde en Galicia, convocadas pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina co lema “Galiza Palestina contra a ocupación e o xenocidio”. Deste xeito retomábanse as accións que se interrompían en xaneiro, tras o alto ao fogo.
Na concentración barquense, o manifesto era lido por Iris e Aurora. E este texto expoñíase a difícil situación na que se atopa nestes momentos o pobo, que segundo se destacaba no manifesto, “ten dereito a unha vida en paz”.
Fotos cedidas.