CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Reunión anual dos antigos alumnos do Colexio Santa Leonor de Trives

O encontro comezaba cunha misa na antiga capela deste centro na mañá do 13 de agosto

As lembranzas da infancia, os recordos de compañeiros e vivencias poñíanse sobre a mesa na reunión anual que dende hai dezasete anos vén organizando a Asociación de Antigos Alumnos do Colexio Santa Leonor-Virxe da Luz de Trives. O encontro comezaba ás once da mañá cunha celebración relixiosa, concelebrada por Andrés Alfonsín e Juan Antonio Núñez, na antiga capela do centro escolar, na que se lle rendía unha especial homenaxe ao sacerdote trivés Pablo Pérez, un dos principais promotores desta asociación. Nela tamén cantaron Galindo e Paco Cossío, quen ademais agasallaba aos membros da entidade trivesa cunha fermosa placa conmemorativa en barro.

De seguido, tiña lugar a asemblea anual da asociación, unha visita á exposición de fotografía instalada na sede desta entidade en Trives e compartíase un xantar no que antano eran as instalacións do colexio. Xa pola tarde Paco Cossío ofrecerá un concerto de rabel na praza Doutor Paz de Trives.

Fotos: Carlos G. Hervella excepto a última, cedida por Berardo Araújo.

Artigos relacionados

Back to top button