Neste mediodía de 8 de abril tiña lugar unha reunión da xunta directiva da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras, cuxo presidente é Marcos Prada, tamén presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.
Ao encontro, celebrado na sede da entidade no Barco, asistía tamén o deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández. No decurso da xuntanza abordábanse diversos proxectos nos que traballa esta entidade.
Fotos: A.R.