Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

Reunión de Eladio Santos, número 4 da candidatura socialista por Ourense, co CCA

 

O número catro da lista do PSdeG-PSOE por Ourense ao Parlamento de Galicia, Eladio Santos Martínez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa xunta directiva do Centro Comercial Aberto do Barco, na que estivo presente o presidente, Jacobo Arias e membros da directiva.

Durante o encontro analizouse “a proposta de redución de custes laborais por contratación de traballadores (100% o primeiro ano, 75% o segundo e 50% o terceiro)”, segundo o candidato socialista, que amosaba a súa aposta polo comercio local, especialmente en vilas tan dinámicas como O Barco.

Durante a reunión tamén se analizou a “necesidade de modificar os tramos de subvencións aos centros comerciais abertos por parte da Xunta de Galicia, xa que se establecen en función do número de socios. Tamén se analizou a problemática dos custe dos alugueiros e falouse dunha proposta de pequenas tendas efímeras, que funcionan noutras comunidades autónomas”, segundo Santos.

Artigos relacionados

Back to top button