
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, vén de manter unha reunión co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, para avaliar diferentes asuntos de interese para este municipio ourensán.
A xuntanza serviu para coñecer as necesidades desta localidade en cuestións relacionadas co desenvolvemento rural, co obxectivo de mellorar nestas competencias para o beneficio da veciñanza.
