
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha reunión co alcalde do concello ourensán de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, para abordar asuntos que teñen que ver coa súa área de actuación e explorar distintas colaboracións na súa liña de cooperación coas administracións locais.
Así, o representante da Xunta conversou co alcalde deste municipio da comarca de Trives sobre proxectos vencellados á dinamización da cultura, ao impulso da lingua galega, á conservación do patrimonio ou a accións destinadas á mocidade. Desta maneira, López Campos continúa a achegarse aos distintos concellos galegos para contribuír no desenvolvemento de iniciativas relacionadas coas súas materias.
