ConcellosÚltima hora

Reunión do comité executivo do Consorcio de Augas de Valdeorras, en Viloira (O Barco)

Entre outras cuestións analizábase a posibilidade de elaborar uns plans de actuación en materia de todo o que é o ciclo da auga (abastecemento e saneamento) que leva a cabo esta entidade

 

Coa asistencia ao comité executivo do Consorcio de Augas de Valdeorras, que mantiña este 20 de marzo unha reunión, iniciaba o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, unha nova visita a Valdeorras. A xuntanza tiña lugar na sede comarcal deste organismo provincial na Casa Grande de Viloira (O Barco).

“Tratamos de temas internos do consorcio, de cuestións de persoal e tamén se tratou dunha proposta que é a posibilidade de elaborar uns plans de actuación en materia de todo o que é o ciclo da auga (abastecemento e saneamento) que leva a cabo esta entidade”, aseguraba posteriomente Menor en declaracións aos medios de comunicación.

Ao mesmo tempo, o presidente provincial poñía en valor a importancia do Consorcio de Augas de Valdeorras, “unha entidade pioneira e a imitar en materia de prestación de servizos”. E aseguraba que esa “unión de todos os concellos baixo esta entidade facilita que a presentación dun plan de actuacións priorizado e consensuado dentro dun órgano como este teña unha maior capacidade de ser recibido favorablemente por administracións como a Deputación, sería moi fácil decidir o apoio porque viría priorizado por unha comarca”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button