
Na mañá deste mércores 6 de maio, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, mantiña unha reunión no seu despacho co presidente da delegación en Ourense da Federación Galega de Caza, Vicente Lameiro, para tratar asuntos de actualidade.
Durante o encontro, catro días despois da celebración do Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabarín, puntuable para a Copa Galicia, que se celebraba no Tecor de Viana do Bolo, Eladio Santos interesouse polas perspectivas do colectivo e escoitou as súas reivindicacións e demandas.
