CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Reunión na alcaldía de Trives para preparar o vindeiro Festival Celtibérico e a Festa da Bica

 

Na mañá deste venres 21 de xuño tiña lugar unha xuntanza na alcaldía trivesa de cara á organización da vindeira edición do Festival Celtibérico de bandas de gaitas e da Festa da Bica. No encontro participaban a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez Barja; Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense; Gustavo Samartín, director da Estación de Montaña Manzaneda e Clemente Pérez como representante do Concello de Manzaneda.

Na reunión analizábase a posta en valor do Festival Celtibérico, a Festa da Bica e futuras e novas colaboracións. “A boa sintonía entre o Concello da Pobra de Trives e o Concello de Manzaneda será a clave da cooperación institucional, cultural e turística”, destacan dende o Concello trivés.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button