
Recabar datos sobre a mocidade que vive en zonas rurais de Italia, Croacia, España e Romanía. É o obxectivo da iniciativa “Rural EU – Enquisa sobre a mocidade que vive no rural”, na que participa o Concello de San Xoán de Río.
Preténse coñecer cales son condicións de vida e traballo da mocidade nestas zonas e as súas percepcións sobre o futuro. A enquisa é o primeiro paso cara a un grupo de traballo en cada país onde se recollerán ideas, propostas e sentimentos sobre o papel dos mozos que viven nas zonas rurais de Europa, segundo informa o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez.
Esta enquisa (elaborada no marco do proxecto “Connecting Rural Europe: Networking and development in small towns – Rural EU”/ CERV-2024-CITIZENS-TOWN-NT Código do proxecto: 101191387).