OurenseSan Xoán de RíoÚltima hora

Río, escenario dunha xornada do programa “CERV: Protexendo os valores da Unión Europea”

 

O concello de San Xoán de Río vén de acoller unha xornada europea dentro do programa CERV: Protexendo os valores da Unión Europea. O programa CERV, ou Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores, é unha iniciativa da Unión Europea deseñada para protexer e fomentar os valores fundamentais da UE, como a democracia, a igualdade, os dereitos humanos e o Estado de dereito.

O programa, ademais da visita oficial de San Xoan de Río, incluía outras a outros lugares da Ribeira Sacra. Entre as autoridades participantes estaban a presidente da Câmara Municipal de Sabrosa, Helena Lapa, xefe de Gabinete GAP, José Adelino Gonçalves; xefe de Divisão DEL, Duarte Dias.

A axenda desenvolvida comezaba cunha reunión técnica de 2 horas co goberno de San Xoan de Río no salón de plenos do Concello de San Xoán de Río, logo os participantes achegábanse ata a Ponte Navea e ata Castro Caldelas, onde percorrían o seu castelo medieval coa alcaldesa, Sara Inés Vega. Finalmente coñecían os viñedos da Ribeira Sacra con César Cachín.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button