ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Río, o único concello galego entre os 54 participantes no concurso “Fairy vota tu pueblo”

Vista da capitalidade de San Xoán de Río./ Cedida.

 

Entre os 54 participantes que polo momento están rexistrados no concurso “Fairy vota tu pueblo” figura, como único concello galego, San Xoán de Río, tal e como destaca o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua. “Nos comezamos onte e imos de 45 de 54 participantes, porque deixan votar unha vez ao día”, indica o rexedor.

Se logra situarse entre os tres primeiros da votación, San Xoán de Río logrará “10.000 € para elaborar este proxecto “Car – comunicación accesible rural”, que implica elaborar unha maneira de comunicación entre os veciños e o concello, centrados na xente de avanzada idade e o concello a través das novas tecnoloxías”, engade Xosé Miguel Pérez, e ademais, se son os máis votados haberá unha paellada gratis para o conxunto do municipio.

O enlace de votación é o seguinte:

https://onlinepromotions.proximaati.com/fairy/1351/fairyvotatupueblo/home?pag=1&prov=32

Artigos relacionados

Back to top button