ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Río, punto de encontro europeo para repensar o futuro do rural co foco na saúde e no benestar integral e comunitario

Este concello, xunto con Allariz e Ribadavia, acollerán esta semana unhas visitas do proxecto europeo GRANULAR de desenvolvemento rural

Vista da vila de San Xoán de Río./ Foto: A.R.

 

No marco do proxecto europeo de desenvolvemento rural GRANULAR, membros da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense (Universidade de Vigo) lideran a organización dunha visita de estudo pola provincia de Ourense que terá lugar nesta semana para representantes de entidades e institucións de 10 países europeos.

En concreto, a actividade desenvolverase os días 28 e 29 de maio e enmárcase nas visitas cruzadas do consorcio internacional de GRANULAR, un proxecto que aposta pola investigación participativa e o coñecemento situado a través dunha rede de Living Labs repartidos por diferentes rexións de Europa.

As visitas desenvolveranse nos municipios de San Xoán de Río, Allariz e Ribadavia, onde as persoas participantes poderán colecer de primeira man experiencias representativas da riqueza, diversidade e vitalidade do rural galego actual.

Ourense é precisamente un deses Living Labs, seleccionado pola súa diversidade territorial, demográfica e social, e pola implicación activa da súa comunidade na construción de solucións inovadoras para o medio rural.

Nesta ocasión, a visita centrarase na saúde e o benestar, abordados desde unha perspectiva integral que engloba factores sociais, ambientais, institucionais e comunitarios. O obxectivo é conecer e comprender a diversidade dos territorios rurais europeos, asi como intercambiar boas prácticas e experiencias de éxito que contribúan à súa transformación e resiliencia.

O programa inclúe encontros con actores clave do rural ourensán, representantes municipais e membros da comunidade científica do campus de Ourense. Tamén estarán presentes representantes da cidadanía e de iniciativas empresariais inovadoras que contribúen á dinamización e reactivación do territorio, cunha atención especial ás dimensións do benestar colectivo e a calidade de vida no medio rural.

 

 

No caso de San Xoán de Río o programa será o seguinte:

28 de maio
“Benestar Rural: Iniciativas Inclusivas Dixitais, Enerxéticas e Verdes”-SAN XOÁN DE RÍO

10:00 – 12:30 h: PROXECTOS RURAIS DE OURENSE: Iniciativas rurais de 10 minutos

– Oficina de Enerxía Rural Verde (Eva Castro, proxecto “Ourense Rural é Vida”)
– Campo Conectado: Comunidades Enerxéticas (Miguel Morgado, Ecorés Servizos Enerxéticos)
– Observatorio Eólico de Galicia (GWO) (Xavier Simón, Universidade de Vigo)
– Intelixencia Artificial para a Gobernanza Rural (Xosé Miguel Pérez, alcalde de San Xoán de Río)
– Acción Local para Obxectivos Globais: Plan ODS para 8 Pequenos Concellos Rurais de Ourense (Eva Castro & Xosé Miguel Pérez, coordinadores do proxecto)
– Mulleres do Río: Voces que Empoderan, Construíndo Inclusión (Erika González, Mulleres do Río)

Facilitador: Daniel Diéguez (Apoio Cooperativo)

As entidades participantes nesta visita-estudo á provincia son:

– IAMM – Institut Agronomique Méditerranéen de Montpellier (Francia)
Centro de investigación e formación superior centrado na agricultura, o desenvolvemento rural, a sustentabilidade e as políticas agrarias no contexto mediterráneo. Forma parte do CIHEAM.

– NORD – Nordregio (Suecia)
Instituto de investigación do Consello Nórdico de Ministros, especializado en desenvolvemento rexional, políticas territoriais e sustentabilidade nos países nórdicos e bálticos.

– WU – Wageningen University & Research (Holanda)
Universidade e centro de investigación líder mundial en ciencias agrarias, alimentación, medio ambiente e desenvolvemento rural sostible.

– UNIPI – University of Pisa (Italia)
Institución académica de prestixio con fortes competencias en investigación aplicada ao territorio, planificación rural, ciencias ambientais e desenvolvemento local.

– AEIDL – European Association for Innovation in Local Development (Bélxica)
ONG europea especializada en innovación social e desenvolvemento local sostible, con experiencia en programas da UE como LEADER e outros proxectos territoriais participativos.

– CNRS – Centre National de la Recherche Scientifique (Francia)
Un dos principais organismos públicos de investigación científica en Europa, con actividades en tódalas áreas do coñecemento, incluído o desenvolvemento territorial e ambiental.

– ERDN – European Rural Development Network (Polonia)
Rede europea centrada na investigación e a cooperación para o desenvolvemento rural, promovendo o intercambio de coñecemento e boas prácticas entre investigadores e profesionais.

-THUENEN – Thünen Institute (Alemaña)
Instituto federal alemán de investigación aplicada en agricultura, silvicultura, pesca e desenvolvemento rural, cun enfoque en políticas baseadas en evidencias.

– ECORYS – ECORYS (Holanda)
Consultora internacional especializada en investigación socioeconómica, desenvolvemento rexional, gobernanza pública e avaliación de políticas da UE.

– PREPARE – PREPARE (Bélxica)
Plataforma paneuropea que promove a participación da sociedade civil no desenvolvemento rural, fomentando redes entre países de Europa Central, Oriental e dos Balcáns.

– Väster – Västerbotten County (Suecia)
Representación rexional do condado de Västerbotten, comprometida co desenvolvemento sostible, a inclusión social e a cooperación interrexional en zonas rurais do norte de Europa.

– P10 – Berkelland – Grupo de municipios rurais grandes dos Países Baixos (Holanda)
Rede de municipios con carácter rural relevante que traballan xuntos para influír nas políticas nacionais e europeas que afectan ao rural.

– VdC – GreenGea snc (Italia)
Pequena empresa italiana con enfoque en sustentabilidade, planificación territorial participativa, bioeconomía e transición ecolóxica no rural.

– Pays Pyrénées Méditerranée (Francia)
Agrupación territorial do sueste francés que desenvolve proxectos de cooperación local e transfronteiriza en zonas rurais e periurbanas.

– HUT – James Hutton Institute (Escocia)
Instituto de investigación escocés centrado na intersección entre agricultura, uso do solo, cambio climático e comunidades rurais sostibles.

 

Back to top button