Acompañados por guitarras, bombos, gaitas ou pandeiretas, entre outros instrumentos, soaban as voces da media ducia de grupos participantes na terceira edición dos Cantos de Taberna de Quiroga, que despregaba un repertorio moi variado polos bares. Entre eles estaban As Macizas Centrais (Trives), xunto a outras formacións locais e da provincia de Lugo como Os Palletas, O Recanto, Os Fusquiños de Sarria, Foliada de Bosende e Somontanos.
O circuíto musical comezaba ás seis da tarde do 6 de xaneiro, logo dunha reunión coas formacións participantes na Casa da Cultura, na que se lle entregaba uns panos identificativos de cor verde. A partir de aí, cada unha delas levaba un guía e seguíase un percorrido que incluía un total de 12 locais de hostalaría da vila: Adega da María, Raposo, As Palmeras, O Portón, Quiper, Ruxe-Ruxe, Lago, Dimar, Félix, Chapakuña 3, Ó Roxo Vivo e Torres.
Fotos: Carlos G. Hervella