Como vén sendo habitual cada Entroido, os membros do Folión Os Labregos de Trives daban unha longa ronda pola vila tocando bombos e aixadas na noite do Xoves de Compadres, o 13 de febreiro.
Este domingo 16 de febreiro Os Labregos serán ademais os promotores da XVI Xuntanza de Folións en Trives, a partir das 15:30h. dende a Finca da Barreira.
Fotos: Folión Os Labregos.