Dende a Castiñeira partirá o roteiro que o Grupo Rosalauria (do que a A.C. Auriense forma parte) organizará con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro 2018, o vindeiro sábado 24 de febreiro. Este percorrido polas rúas do centro da cidade comezará as 12h.Tras partir da Castañeira, chegará aos xardíns do Padre Feijóo.
Durante o roteiro haberá lecturas, música “e algunha que outra sorpresa” para os asistentes, segundo adiantan dende o Grupo Rosalauria.