ConcellosO BarcoÚltima hora

Roubo nunha tenda da zona vella do Barco na noite de Reis

 

A noite de Reis deixaba unha sorpresa, pero moi pouco agradable, para os responsables da Tenda da Rita, un establecemento situado no corazón da zona antiga do Barco. Esta mañá, cando ían a abrir, atopábanse co cristal da porta roto e descubrían que foran obxecto dun roubo. Faltaba a máquina rexistradora.

 

 

Xa se interpuxo denuncia ante a Garda Civil polo sucedido. Son xa varios os roubos acontecidos nas últimas semanas na vila do Barco, algo que xera preocupación no sector comercial e hostaleiro.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button